Mitos do 23-F – Xesús Veiga

264c2-xesusveigaMITOS  DO  23-F

A pesar do tempo transcorrido, a pantasma do 23-F reaparece cada certo tempo na vida política do Estado español.A xubilación anticipada do anterior Rei de España explica, seguramente, a pouca relevancia mediática dispensada nesta ocasión a semellante aniversario.Escribir un artigo sobre o acontecido o 23 de Febreiro de 1981 provoca un estímulo da memoria histórica directamente proporcional ao nivel do impacto biográfico daquel día na persoa que exercite semellante cometido.

O sucedido hai 34 anos derrubou certos mitos construídos despois da morte de Franco.Un deles procedía do universo das forzas políticas que pactaron o proceso de reforma dirixido por Adolfo Suárez e postulaba que os militares golpistas representaban unha facción residual do aparello militar.Aquela visión idílica foi desmentida coa entrada de Tejero no Congreso e coas longas horas posteriores onde predominou o apoio ou a pasividade dos xenerais que posuían capacidade de mando operativo.Outro mito habitaba nunha parte da esquerda que non tiña aceitado a renuncia das reivindicacións básicas do programa de ruptura co franquismo e consideraba que o pacto constitucional de 1978 era a expresión dun acordo homoxéneo e sólido das principais forzas económicas e políticas co Exército, a xudicatura e o Rei.Tal representación ficou desmontada pola realidade dun proxecto golpista que non trunfou, sobre todo, pola carencia dun proxecto ben deseñado e pola moi deficiente execución realizada. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Comentarios desactivados en Mitos do 23-F – Xesús Veiga

Máis igualdade, máis cohesión social – Xoán Antón Pérez-Lema

46bc3-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A cuestión da igualdade das persoas (mellor ca dos sexos, é evidente que aquí tampouco son acaídas as respostas bipolares ou bipartidistas) trascende moito do ámbito dos dereitos fundamentais. Porque constitúe unha cuestión fulcral na nosa vida social e económica.

O sexismo, o mesmo ca o racismo ou o clasismo, descoñece os valores da inclusión  e cohesión social e ergue, si, barreiras inxustas e mesmo antixurídicas, mais tamén barreiras ao desenvolvemento social e ao crecemento económico, que precisan contar con todas as persoas posíbeis e no mellor de cadansúas capacidades. Contábame este día unha mediana empresaria, muller comprometida social e políticamente, que os plans de expansión da súa empresa estaban a se ver ameazados pola situación de violencia machista que sofría unha súa íntima colaboradora. Velaí unha visión da que moitas veces non nos decatamos: a violencia machista non é só un crime, é tamén un ataque ao benestar social e económico.

Sen chegar ao extremo da violencia machista, vemos como as retalladas, os recurtes, afectaron nomeadamente ás mulleres pola súa menor vinculación cos núcleos duros de poder, mais tamén por ser até de agora os principais garantes do benestar das crianzas, persoas maiores e dependentes. O decremento substancial da cobertura social limita a incorporación plena da muller ao mercado de traballo, mais tamén a grande achega á creación de emprego e benestar que xeraría un mundo laboral, unha iniciativa empresarial, con participación parella de homes e mulleres.

Por outra banda, as substanciais deficiencias das nosas empresas e organizacións na orde de promovermos a conciliación da vida laboral coa persoal deriva en horarios inasumíbeis e dinámicas organizativas e funcionais absurdas que apartan millóns de mulleres ben preparadas das funcións de dirección e iniciativa.Novamente non perden só as mulleres, nin os sectores máis febles da sociedade. Perdemos tod@s.

E mire vostede, que pensa das cotas de xénero? Pois que lle vou dicir? Que non lle  acredito nelas, mais si acredito en todo o que se acadou con elas. É dicir, penso que non podemos pasar sen as cotas.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Máis igualdade, máis cohesión social – Xoán Antón Pérez-Lema

OCHO DE MARZO, un grito de IGUALDAD- Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayOCHO DE MARZO, un grito de IGUALDAD

Cuando se conmemora una efeméride como el 8 de marzo, que desgraciadamente sigue teniendo plena vigencia su carácter reivindicativo, es obligado rendir homenaje a una mujer alemana, socialista y defensora de los derechos de las mujeres, Clara Zetkin.

Clara Zetkin, nacida en Königshain-Wiederau, el 5 de julio de 1857, cursa estudios de Derecho,  y se forma para ejercer el profesorado. Desde edad muy temprana entra en contacto con el movimiento obrero y feminista en lo que sería el germen del SPD, la socialdemocracia alemana. Desde 1890 se convertirá en  la gran impulsora de las políticas feministas dentro del Partido. En 1907 fue colabora en la fundación del Congreso Internacional Socialista de Mujeres. Posteriormente en 1910, en el contexto de la Conferencia de Mujeres Socialistas celebrada en Copenhague, propuso que el 8 de marzo, fuese el Día Internacional de la Mujer. A esta conferencia asistieron más de 100 mujeres de 17 países pertenecientes a sindicatos, partidos socialistas, asociaciones de trabajadora y las tres primeras mujeres elegidas para el Parlamento de Finlandia. Su resolución fue aprobada, y se hizo realidad cuando  el 9 de marzo de 1911, se celebró por primera vez en Austria, Dinamarca, Suiza y Alemania, el “International Women’s Day”.

Fue amiga personal y correligionaria de Rosa Luxemburgo, una  tenaz revolucionaria de origen polaco, que en plena juventud se vio obligada a refugiarse en Suiza y que posteriormente se unirá como Clara, al SPD, del que formará parte hasta la escisión de los “espartaquistas” en 1918, que daría lugar al KPD (Partido Comunista Alemán). Morirá asesinada tras ser encarcelada y torturada por los militares en 1919 durante la revolución de Berlín. Seguir leyendo

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Comentarios desactivados en OCHO DE MARZO, un grito de IGUALDAD- Antonio Campos Romay

Eleccións cada trimestre- Xosé A. Gaciño

bbf56-xosc3a9antc3b3niogacic3b1oEleccións cada trimestre

Moi solventes deben de ser as sondaxes que están a prognosticar o ascenso electoral de Podemos, cando o goberno central, co ministro de Facenda ao fronte da manipulación partidista dos datos confidenciais da Axencia Tributaria, ten despregado esa campaña intensiva de acoso e derribo contra a nova formación política que irrompeu nas pasadas eleccións europeas, sacudindo o desprestixiado panorama bipartidista, que pode estar a punto de cambiar. Teremos ocasión de comprobalo ao longo deste ano, marcado pola cadencia dunha votación cada trimestre.

Son catro convocatorias moi diferentes, dúas delas nun ámbito territorial concreto (en Andalucía, agora no 22 de marzo, e en Cataluña para o 27 de setembro), outra que xunta nunha mesma data, o 24 de maio, os comicios municipais e os do pelotón de comunidades autónomas que non necesitaron de referendos, e finalmente, en data aínda non definida pero probabelmente en novembro, as eleccións xerais. Pero, a pesar das súas diferencias, todas van ir servindo de test sobre a fortaleza dos dous partidos hexemónicos nas institucións estatais e na maioría das institucións locais e autonómicas. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Comentarios desactivados en Eleccións cada trimestre- Xosé A. Gaciño

Amenazas a la enseñanza – José María Barja Pérez

c0b75-josc3a9mc2aabarjaAmenazas a la enseñanza  

En medio del año electoral, un sordo debate, formado por insinuaciones y artículos dirigidos, se está produciendo. Desde sugerir que hay un exceso de universidades hasta llegar a considerar que estas no son necesarias pues el conocimiento está en el ciberespacio. Las reformas Wert, que previsiblemente serán eliminadas por el próximo gobierno, han reabierto el conflicto de las competencias profesionales, que nuestros vecinos Portugal y Francia tienen resuelto hace un siglo. Incluso aparece una sorprendente sentencia que permite la escolarización en casa rompiendo las bases de la enseñanza, la socialización y la adquisición de los valores ciudadanos básico para la convivencia.

Obscenamente se promueven modelos ultra-liberales que están siendo cuestionados en U.S.A. e Inglaterra. Que el peor ministro de Educación y su compañera, la mayor fortuna del Gobierno, hagan propuestas de privatización a nueve meses de unas elecciones generales es, como mínimo, un error. Aunque ellos serán borrados de la memoria, esos falsos debates, llenos de ideología y burdas falacias, desorientarán a una ciudadanía angustiada por los recortes y no totalmente consciente del brutal incremento de la desigualdad. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Comentarios desactivados en Amenazas a la enseñanza – José María Barja Pérez

Municipalismo e sentido de país – Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Foi o PSOE o que máis contrapuxo a sensibilidade local contra o sentido global de Galicia como país. A cidade-estado vazquista da Coruña constituiu o seu exemplo máis notábel. Exemplo seguido nos nosos tempos en Vigo pola vella política do seu alcalde, Abel Caballero. Mais, en conxunto, a caduca idea do localismo na sociedade está xa ultrapasada.

Porque hoxendía os problemas das cidades galegas son semellantes. Arrincarmos a corrupción. Abrirmos os concellos á participación cidadá, mesmo na determinación dos obxectivos do Orzamento local. Unha xestión transparente. Garantirmos uns servizos públicos de calidade. Pór a nosa lingua e a nosa cultura no lugar que lles compre. Reactivarmos a economía local,  xerando emprego de calidade. Mirar polo comercio de proximidade para revitalizar as mallas urbanas. Entendermos os problemas urbanos de xeito supramunicipal.

Semella, pois, posíbel un municipalismo galego compatíbel, cando non íntimamente vencellado, a unha idea de Galicia como País. Un municipalismo que entenda cooperativa e participativamente as Administracións locais, tentando interesar á cidadanía na súa gobernanza. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Municipalismo e sentido de país – Xoán Antón Pérez-Lema