O calendario electoral ofrece poucos anos sen citas coas urnas.O 2013 foi un deles.
Este ano singular naceu con dúas novidades significativas no panorama político galego:o triunfo electoral de Núñez Feijoo e a irrupción de AGE como terceira forza no pazo do Hórreo.Ambas circunstancias foron relativamente sorprendentes.O PPdG –e, mais concretamente, o seu presidente- pagou un custe electoral inferior ao que cabía deducir despois de coñecer e padecer os efectos das políticas practicadas a partir de 2009.A coalición liderada por X.M. Beiras acadou un nivel de representación que nin sequera entraba nos cálculos mais optimistas dos seus promotores. Seguir leyendo




