Máis ca nunca a clave é territorial – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Co escrutinio case rematado, tanto no noso País como no conxunto do Estado, ningunha coalición a dous, agás a moi improbábel do bipartidismo dinastico (que suman uns 215 sobre350 deputados, máis de 80 menos ca en 2011) acada números próximos aos 176 escanos da maioría absoluta.

PP e C´s fican moi lonxe da maioría absoluta que lle daban a meirande parte das enquisas. Suman en conxunto 162 deputados con cadanseus 28,6% e 13,8% dos votos. Fica ben claro, pois, quen segue sobrancear na dereita española.

Máis complexo é o outro bloque posíbel: Podemos (41 escanos), PSOE (91, cun Sánchez que safa por pouco, pero safa), a catalá En Comú Podem (12), os valencianistas de Compromís-Podem (9) e En Marea(6) acadan 160 escanos. O resto van  a IU e ás formacións ERC (9), Democracia i llibertat,alicerzada en Convèrgencia e outros partidos (8), PNV (6), EH Bildu (2) e Coalición Canaria(1). A diferenza neste bloque é que a suma de votos de Podemos máis as forzas nacionais nas que partilla case empata cos votos socialistas, manifestando unha clara distorsión na representación por escanos por mor da regra D´Hondt. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Máis ca nunca a clave é territorial – Xoán Antón Pérez-Lema

Máster para ejercer profesión – José María Barja Pérez

491c7-josc3a9mc2aabarjaMáster  para ejercer profesión

En el número 28 de la revista a todo color del Colegio de Abogados de A Coruña, Fonte Limpa, se reseña que 58 alumnos han terminado la segunda edición del máster profesional, que es necesario para el ejercicio de abogados y procuradores. El decano de Derecho les recordó que les faltaba superar el examen tipo test, común para todo el país; el 30/mayo tuvo lugar en A Estrada esa prueba que lleva dos ediciones y que desde este año se descentraliza en comunidades. Alguno de los alumnos del máster ha superado brillantemente tal examen, califi­cado de difícil, y puede comenzar su carrera profesional. Todo esto es poco cono­cido, incluso entre titulados en Derecho que, si se han graduado con posteriori­dad al 2011, también deberán someterse a ese proceso para ejercer. La habitual consideración de que esos titulados se dedican a otros campos o concurren a opo­siciones, va a ir cambiando pues la capacitación profesional no es sólo necesaria para la defensa ante tribunales, sino también para emitir un informe o realizar mediaciones con validez jurídica. Es una consecuencia de la transposición de directivas europeas que, en el ámbito universitario se refiere como «reforma de Bolonia», que algunos aplican con el sentido de la segunda acepción de bolonio.

foto master abogacía UDC

A diferencia del ya bien establecido procedimiento del MIR (médico interno residente), donde la prueba nacional es eliminatoria y con plazas limitadas, la prueba de la abogacía no tiene limitaciones de aprobados. Pero en plena campaña electoral ha saltado a debate otra profesión que se pretendería regular como los médicos, los profesores de primaria y secundaria. El Libro Blanco de tres autores que ha colgado el MECD propone una formación con todas las características del MIR. Aparte de la inoportunidad del momento de su presentación, provocó algu­nos titulares como que propone siete años para «convertir a los maestros en un cuerpo de élite.» Nos sorprende pues todavía recordamos la formación de tres años en las Escuelas Normales de Magisterio y el cambio que produjo la Ley Villar Palasí de 1970 al permitir que pudiesen impartir materias “de Bachillerato.” Que debe mejorarse la formación primaria y secundaria es algo universalmente aceptado, pero el tema precisa amplio debate. La ausencia de memoria económica es tal vez la mejor indicación de la poca validez de una propuesta, sobre todo en un momento en que los datos demográficos aseguran que vamos a necesitar más médicos que maestros. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Comentarios desactivados en Máster para ejercer profesión – José María Barja Pérez

¿Como votar ó Senado? – Iñaki Martínez

senado¿Como votar ó Senado?

Xa temos enriba as próximas eleccións xerais nas que eliximos deputados e tamén senadores. A elección entre as diferentes candidaturas ó Senado a adoitamos facer co mesmo criterio que a de deputados, a pesar do moi diferente carácter da cámara e da votación. Case o mesmo facemos cando votamos ó Parlamento Europeo, sendo un órgano de control e un contrapeso do poder da Comisión, adoitamos elixir os eurodiputados como se fosen deputados do Congreso Español e fosen a determinar o goberno da Unión Europea.

O Senado é unha cámara conservadora cuia función é dar unha segunda opinión na tramitación das leis. Conservadora porque nela están sobre-representadas as provincias máis agrícolas, con maior poboación e máis envellecidas. O sistema de voto ó Senado é de tipo maioritario, polo que tende a favorecer o bipartidismo, é difícil que saian elixidos senadores que non pertenzan as dúas principais listas de cada circunscrición. Porén, as candidaturas ó senado son listas abertas que nos permiten combinar candidatos de diferentes listas, a pesar de que a grande maioría dos votantes non fan uso de esta opción e votan a un só partido. O Senado non elixe ó presidente do Goberno español e tampouco é quen de evitar a aprobación dunha lei, polo que igual que ten pouco poder tampouco é doado que cause grandes problemas. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Iñaki Martínez | Comentarios desactivados en ¿Como votar ó Senado? – Iñaki Martínez

O sector lácteo á intemperie – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quén de amañar  a desfeita no sector lácteo galego. Case tres meses despois segue a existir unha diferenza media de até 10 cts/litro entre o leite vendido en Galicia (26-28 cts/litro)  e o prezo de venda medio no Estado. Calcúlase en 32-34 cts/litro o prezo mínimo para cobrir gastos.

Velaí, pois, como moitos dos axentes sociais do sector veñen de reproducir as súas mobilizacións, con algunha excepción que preferiu non secundalas, como a Organización de Produtores do Leite, que sobranceou nas mobilizacións de agosto e setembro. Porén, o seu coordinador estatal, Ano Escariz, afirma sen dúbidas que “Éste é un problema de país, tendo en conta a importancia social, económica e ambiental deste sector, que vertebra grande parte do noso medio rural. Deixar fundir o sector lácteo galego tería non só un grande impacto económico e social, senón tamén ambiental e demográfico, desertizando de vez amplas comarcas de Galicia.”

Nesta nova xeira, nas superficies comerciais, aproveitando a grande simpatía que  as consumidoras galegas amosaron a repecto das reivindicacións do sector, o prezo de venda ao público medrou até 4 cts./litro, mais só en beneficio da industria láctea e do propio distribuidor. O produtor, causante teórico dunha suba aceptada polo consumidor responsábel, fica en último de contas á marxe dos seus gaños. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en O sector lácteo á intemperie – Xoán Antón Pérez-Lema

Disquisiciones sobre ¿un gran debate? … Germán Castro

Máis euPalabra de Director

Disquisiciones sobre ¿un gran debate? …

Atresmedia lo vendió hasta la saciedad, hasta el aburrimiento, diría yo, como el gran «invento» pero, a mi modo de ver, no ha pasado de ser un debate normal en cuanto a la oratoria, eso sí, de nuevo formato, menos encorsetado que lo visto hasta ahora, con más candidatos defendiendo sus respectivos programas, marcando diferencias e incluso algunas coincidencias parciales, pero carente de la espectacularidad que se quiso transmitir en la publicidad previa del acontecimiento. Sobraban adjetivos «el gran debate», el «histórico debate», «Ya nada será igual en adelante»…Tan malo es pecar por defecto como por exceso.

Desde luego, con más tablas y dominio de la escena de Pablo Iglesias, que desplegó su ironía al enviar un saludo a Rajoy «que nos estará viendo» y que tuvo la habilidad de dar algunas bazas a ganar a los contrincantes Sánchez y Rivera. Nerviosillo el candidato socialista, abusando tal vez de la sonrisa de autocomplacencia y desaprobación del discurso del contrario, un tanto bloqueado e inquieto Albert Rivera que no pareció encontrar su plano natural, exhibido en otras ocasiones, y poco lucida Soraya Sáenz de Santamaría, aunque he de reconocer que es de lo mejor que tiene a la vista el PP y ha de reconocerse que en teoría era la que tenía un pronóstico más complicado, precisamente por el papel de «sparring» al actuar como Gobierno. Cuando se abordó el tema de la corrupción quedó probado.

Por descontado, lamento la ausencia de Alberto Garzón que podría aportar matices interesantes en el fuego dialéctico protagonizado por Iglesias y Sánchez. No sé hasta qué punto el «gran debate» pudo haber despertado al montón de indecisos, tengo mis dudas. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Germán Castro | Comentarios desactivados en Disquisiciones sobre ¿un gran debate? … Germán Castro

Unha fórmula caducada… Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Este día 6 cumpríronse 37 anos dende a aprobación da vixente Constitución en referéndum, polos cidadáns que tiñan 18 anos naquel intre. Velaí unha das  razóns da  distancia de millóns a respecto do marco constitucional actual: todos os que nacimos despois do outono do 1960 non puidemos votar esta Norma Fundamental.

Mais o problema dase, tamèn, a respecto da cidadanía que si puido votar. Porque a pregunta que se lle prantexou  á cidadanía aquel lonxano día de Nadal do 1978 incluía, dentro do paquete e sen posibilidade ningunha de desbotalas, opcións políticas tan importantes como a Monarquía borbónica ou a proscrición do dereito a decidir das diversas nacións do Estado(impúxose na redacción unha expresión tan rechamante  e reiterativa como que a Constitución baseábase  “na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois…” ).

Para máis, a evolución lexislativa posterior do sistema constitucional anulou na práctica o recoñecemento do dereito ao autogoberno singular e paccionado de Galicia, Euskadi, Catalunya e Navarra (da que se prevía constitucionalmente en plena igualdade de opción a súa incorporación a Euskadi ou a súa continuidade como comunidade foral independente). Primeiro diluíndo e xeralizando ese dereito ao outorgarlle “café para todos” aos outros territorios, aos que ademáis se lles dotou por vía de transferencia de todas as competencias que compuñan o nível autonòmico previsto só para as nacionalidades. Segundo recentralizando, quer co pretexto da garantía do cumprimento do Dereito e decisións singulares da Unión Europea, quer co continuo baleiramento do autogoberno a medio de leis de bases ou mecanismos de tutela estatal (normativa, executiva e financeira)  impropios dun Estado composto. Seguir leyendo

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Comentarios desactivados en Unha fórmula caducada… Xoán Antón Pérez-Lema